Victoriano Rodríguez rescata a historia local de A Gándara (A Guarda)

Onte, mércores 28 de setembro, recibimos en Librería & Editorial Tamuxe a visita do estudoso Vitoriano Rodríguez González, de A Gándara (A Guarda) que vén de presentar o seu libro Personaxes e oficios de tradición popular, editado pola Asociación Veciñal O Percamino, co tamén patrocinio do Concello da Guarda e da Deputación de Pontevedra.

O pasado 11 de setembro presentouse a obra oficialmente na Praza do Seixiños dentro do programa das Festas das Mercedes. Este primeiro tomo, de case 300 páxinas con fotografías a toda cor (na súa maioría do propio autor, Victoriano) recolle a vida de “personaxes populares e oficios artesanais, hoxe desaparecidos polo cambio de ciclo nos anos sesenta, setenta, ao paso a novas tecnoloxías, principalmente a dixital, que están transformando nun novo ciclo o modo de vida do futuro. A min, pola miña edade me tocou vivir ese tránsito duns sistemas tradicionais a esta etapa da automatización por medios electrónicos e dixitais. Por elo, pretendo que quede un legado dos nosos “Usos e Costumes” de raigame popular cara as futuras xeneracións“.

Victoriano Rodríguez, pois, realiza neste libro unha exhaustiva e verdadeira andaina de recompilación de textos e tradición oral do barrio de A Gándara (Salcidos-A Guarda) falando -por exemplo- do seu archicoñecido “Pote de Saladina”, do benefactor Eduardo González Santiago, dos reverendos D. Jesús Gregorio Pérez e D. Severino Álvarez Otero, da campeonísima atleta Julia Vaquero, da Fundación A. VV. O Percamino, das costureiras, dos zapateiros e moitos veciños e veciñas populares.

1 comentario en “Victoriano Rodríguez rescata a historia local de A Gándara (A Guarda)”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *