‘Koki’ presenta en Tomiño o seu novo libro

O escritor e poeta guardés, Francisco Álvarez ‘Koki’, presenta este venres 7 de outubro en Tomiño (Pontevedra) o seu novo libro, que leva por título Aldea Buxán. A cita, ás 20:00 horas no Mercado de Tomiño. A entrada é de balde.