
Dende Librería & Editorial Tamuxe dámoslle a benvida ao pequeniño Álex Rodríguez Carrera, “O Príncipe das Viñas”, como xa lle chaman por terras rosaleiras.
👶 Trátase do noso novo veciño, con apenas 15 días de vida, fillo dos amigos Dani e Celia (Cafetería Skape 30).
Graciñas polo envío desta imaxe, na que porta un divertido babeiro da nosa tenda de Nikis: “menos potitos e máis churrasco”. Ti si que sabes, Álex! 😜